Bultmann, Rudolf
Teólogo e escriturario luterano alemán. Foi catedrático de Novo Testamento e de historia relixiosa do cristianismo primitivo en Marburg dende 1921. O primeiro froito do seu lema “regresar ao Cristo da fe sen sacrificar a sinceridade científica” foi Geschichte der synoptischen Tradition (Historia da tradición sinóptica, 1921), no que consagrou o método da Formgeschichte, o estudo das etapas de formación dos Evanxeos dentro da comunidade cristiá e o descubrimento das diversas capas de que constan. A validez da investigación científica do Novo Testamento, a transcendencia da fe no Cristo e o sentido existencial da mensaxe cristiá son os tres elementos principais da síntese definitiva, proclamada en Neues Testament und Mythologie (Novo Testamento e mitoloxía, 1941), no que propoñía o método da desmitificación.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Wiefelstede, Saxonia -
Deceso
Lugar : Marburg