Bundēlkhand

Bundēlkhand

Rexión histórica da India central, entre os estados de Uttar Pradesh e de Madhya Pradesh, desde os contrafortes da cordilleira de Vindhya, cubertos de xunglas, no S, ata as terras pantanosas do val do río Jamnā, no N. A superficie é unha gran chaira, atravesada por montes baixos que non sobrepasan os 600 m de altitude. Posúe unha rede hidrográfica formada por pequenos ríos case todos afluentes do Jamnā. A economía baséase na agricultura, os principais produtos son a cana de azucre, o algodón, o trigo e diversas clases de grans. Pequenas fábricas de alfombras son a súa principal industria. No que se refire aos recursos mineiros destacan as minas de diamantes, como a de Gadasia, que produciu o diamante máis grande do mundo.