Burela, porto de
Burela, porto de
Porto pesqueiro da parroquia e concello homónimo, o máis importante do litoral cantábrico galego. Entre as principais capturas descargadas nos seus peiraos, destaca o bonito, constituíndo o primeiro porto do país na captura deste peixe. Á pesca desta especie dedícase a maior parte da súa flota, composta por buques de dimensión media e que traballan con artes pouco agresivas, como o curricán.