Burgas
Burgas
Capital da provincia homónima de Bulgaria, na beira do mar Negro (199.470 h [1996]). É un núcleo industrial con refinerías de petróleo e petroquímicas e o segundo porto de Bulgaria, cun importante volume de pesca. As súas principais exportacións son os cereais, queixos e arxila de olería.