Burgess Shale
Xacemento fosilífero descuberto en 1907 por Charles D. Walcott nas Montañas Rochosas da Columbia Británica (Canadá) preto do paso de Burgess. Dos xistos de Burgess Shale proceden un conxunto de animais pertencentes á fila, xurdidos hai 550 Ma, totalmente descoñecidos hoxe na Terra; entre eles atópanse os xéneros Hallucigenia, Nectocaris, Opabiana e Pikaia, que habitaron os mares durante a era Precámbrica. Ademais, atopáronse anélidos relacionados coas actuais miñocas, priapúlidos, un tipo arcaico de verme de mar, e cordados primitivos. Os fósiles de Burgess Shale foron examinados por Harry Whittington e Conway Morris a partir dos anos sesenta e constitúen un dos feitos que sustentan a teoría continxente da historia da vida do paleontólogo Stephen Jay Gould.