Burgo

Burgo
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nos topónimos do mesmo nome. Estes proceden do latín burgu, derivado da base xermánica burgs ‘vila fortificada’. Nun primeiro momento designaba os lugares fortificados e despois ampliou o seu contido semántico pasando a designar, tamén, a parte máis recente dunha cidade, o arrabalde, unha aldea ou poboación pequena dependente doutra principal, un lugar poboado, fundado, etc.