1 burgo
1 burgo
(
-
s
m
[HIST]
Núcleo urbano formado ao redor dun castelo ou dunha cidade amurallada. Orixinouse polo crecemento demográfico e comercial da Europa medieval, fundamentalmente dende o s X, quedando baixo a protección dos señores dos castelos, dos mosteiros e das autoridades eclesiásticas, polo que carecía de xurisdición propia. Ás veces podía establecerse fóra das murallas de poboacións preexistentes; neste caso as condicións xurídicas dos habitantes do arrabalde diferían das que tiñan os habitantes de intramuros. Os burgos estaban habitados, sobre todo, por artesáns, mercadores, comerciantes e algúns campesiños.
-
s
m
Aldea ou poboación moi pequena dependente doutra principal, situada nun lugar próximo.
-
s
m
Zona exterior dunha cidade, vila ou aldea.
Sinónimos: alfoz, arrabalde, suburbio.