Burgos, Francisco Javier de

Burgos, Francisco Javier de

Político e escritor. Adepto ás ideas liberais, colaborou coa administración bonapartista durante a invasión francesa da Península Ibérica, exercendo a partir de 1810 a subprefectura de Almería, e diversos cargos políticos en Granada. Trala restauración da lexitimidade monárquica na persoa de Fernando VII, en 1812 exiliouse a París. Despois da súa volta, no 1819, publicou un periódico denominado Miscelánea de comercio, artes e literarura. En 1822 converteuse en director de El Imparcial. Realizou a negociación dun importante empréstito en París en 1824, onde estableceu contacto con Aguado, a quen dirixiu unha Exposición na que pedía unha serie de reformas moderadas. En 1833 comezou a exercer no ministerio de Fomento, desde o que implantou a división peninsular en provincias, e creou os cargos de subdelegados de fomento (futuros gobernadores civís). Activou a reforma do sistema tributario programado por Ramón de Santillán. En 1846 foi ministro da Gobernación. É autor duns Anales del reinado de doña Isabel II (1850-1851).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Motril, actual provincia de Granada

  • Deceso

    Lugar : Madrid