Burkitt, linfoma de
Burkitt, linfoma de
[PAT]
Linfoma linfoblástico pouco diferenciado que ten a maior incidencia en África Central e Nova Guinea, onde afecta especialmente a rapaces de dous a dezaseis anos. Foi un dos primeiros cancros humanos que se demostrou que estaba ligado a unha infección por virus, concretamente polo virus de Epstein-Barr. Na variedade africana as lesións localízanse preferentemente na mandíbula e non tanto no abdome (tubo dixestivo, ovarios, retroperitoneo, etc), mentres que no resto de áreas predomina a forma abdominal. Afecta tamén ao sistema nervioso central e á médula ósea, e pode derivar en leucemia. Foi descrito no ano 1958 polo cirurxián ugandés de orixe británica Dennis P. Burkitt.