Burlenza

Burlenza
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe asturiana que fundou varias casas en Galicia. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Bustenza. As súas armas levan, en campo de goles, unha banda de prata, cargada dunha cruz flordelisada de goles como a de Calatrava.

Palabras veciñas

burlador -ra | burlar | burleiro -ra | Burlenza | burlesco -ca | burlete | Burlington