Burlenza
Burlenza
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe asturiana que fundou varias casas en Galicia. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Bustenza. As súas armas levan, en campo de goles, unha banda de prata, cargada dunha cruz flordelisada de goles como a de Calatrava.