burlesco -ca
burlesco -ca
(< burla)
-
adx
Que implica burla.
Ex: O ton burlesco do seu testemuño anoxou a todo o tribunal.
Antónimos: grave. -
s
f
[MÚS]
Composición musical de carácter humorístico. Dedicada en principio á escena, máis tarde converteuse nun xénero instrumental.
-
xénero burlesco
[LIT]
Xénero literario nacido en Italia no s XVI e moi cultivado na Idade Media. Ridiculiza costumes, institucións ou persoas por medio dunha imitación incongruente na que se contrastan o fondo e a forma, presentando os temas triviais con severidade irónica ou tratando con lixeireza temas serios; en definitiva, amosa unha visión crítica da realidade social e dos seus valores.