Burne-Jones, Edward
Burne-Jones, Edward
Pintor e gravador inglés. Colaborou con Dante Gabriele Rosetti e foi o epígono da irmandade de prerrafaelistas. Inimigo declarado do realismo é, entre os prerrafaelistas, o que conseguiu aproximarse máis á arte de Mantegna, Carpaccio ou Botticelli e, ao mesmo tempo, estableceu unha ponte entre a arte dos membros da irmandade e a dos modernistas ingleses. En 1861 colaborou co grupo de William Morris. Entre as súas obras destacan Sidonia von Bork, 1560 (1860) e The Pelikan (1881).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Birmingham -
Deceso
Lugar : Londres