Burnet, Frank MacFarlane
Médico inmunólogo australiano. En 1937 identificou o axente causante da febre de Queensland, a rickettsia Coxiella burneti. Desenvolveu a técnica para cultivar virus en embrións de polo e outra que permite identificar bacterias en función dos virus que as parasitan. Compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía do ano 1960 con P. B. Medawar polas súas contribucións ao estudo da tolerancia inmunolóxica, que permitiron realizar con éxito enxertos de pel, e tamén transplantes de órganos. É autor de numerosas obras de carácter médico, entre as que cómpre destacar Viruses and Man (Os virus e o home, 1953), Principles of Animal Virology (Principios de viroloxía animal, 1955), The Clonal Selection Theory of Acquired Immunity (A teoría da selección clonal de inmunidade adquirida, 1959).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Traralgon -
Deceso
Lugar : Melbourne