Bursa

Bursa

Capital do il homónimo, Turquía, na rexión de Mármara e costas do Mar Exeo (1.016.760 h [1996]). Situada ao pé do Ulu Da ǧ . A súa economía baséase principalmente no sector téxtil, con fábricas de seda e tapices. Identifícase coa Prusa da Antigüidade clásica. A cidade conserva interesantes mesquitas do período otomano, entre as que sobresae a Mesquita Verde, rematada en 1420.