Bury

Bury

Cidade do condado de Lancashire, Inglaterra, á beira do río Irwell (67.529 h [1981]). Situada nun cumio á beira do canal de Manchester-Bolton. A súa economía está baseada na produción téxtil (algodón e la), nas papeleiras e nas construcións mecánicas.