Bush, George Herbert Walker
Político norteamericano. Serviu na mariña durante a Segunda Guerra Mundial e despois ingresou na Yale University onde se graduou en Ciencias Económicas. Entre 1966 e 1970 foi membro do Congreso polo Republican Party de Texas. Foi embaixador dos EE UU na ONU baixo o mandato de Nixon, o primeiro dirixente diplomático dos EE UU en Pequín baixo o mandato de Ford, presidente do Congreso Nacional Republicano e, finalmente, director da CIA. Entre 1981 e 1988 foi vicepresidente do goberno de Ronald Reagan, a quen sucedeu na presidencia dos EE UU entre 1989 e 1992. A súa actividade política estivo marcada pola proxección internacional do seu país: en decembro de 1989 ordenou a intervención militar en Panamá e, en 1990, acadou da ONU unha resolución que permitiu declararlle a guerra a Iraq.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Milton, Massachusetts