Bush, George Walker

Bush, George Walker

Político republicano norteamericano, fillo de George Bush. Licenciado en Historia pola Yale University e máster en dirección de empresas pola Harvard University, antes de iniciar a súa carreira política foi piloto de aviación e presidente do equipo de béisbol dos Rangers de Texas. En 1994 foi elixido gobernador de Texas representando ao Republican Party, cargo que renovou en 1998 por maioría absoluta. Optou á presidencia dos EE UU no 2000 baseando a súa campaña no “conservadurismo compasivo” que conxuga os incentivos aos pobres para que paguen un seguro privado e a redución de impostos cun rearme militar   e o despregue dun sistema de defensas antimísiles total, a defensa a ultranza da pena de morte e a oposición á ampliación de garantías civís aos homoxesuais e a outros colectivos marxinados dos EE UU. Debido ao sistema electoral dos EE UU, a presidencia xogouse no estado de Florida, onde a diferenza de votos a favor de Bush foi menor do 0,5% dos votos. O reconto prolongouse durante varias semanas en medio de acusacións de fraude, o proceso rematou cando o Tribunal Supremo sentenciou a favor de Bush, asumindo a presidencia dos EE UU en xaneiro do 2001.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : New Haven