Busiris

Busiris

Antiga cidade do Exipto faraónico, 134 km no NO do Cairo e na ribeira esquerda do Damieta, correspondente á actual Abū Ṣ īr, que cómpre non confundir co xacemento de Abūsīr. Capital do nomós IX do Baixo Exipto, a súa importancia foi basicamente relixiosa porque era un dos lugares de enterramento de Osiris.