butadieno

butadieno
Nome científico: [CH<sub> 2</sub> =CH-CH=CH<sub> 2</sub> ]
s m [QUÍM]

Hidrocarburo tetracarbonado de cadea aberta que contén dous dobres enlaces conxugados, o que lle confire unha gran reactividade, que é base de moitos procesos industriais. É un gas incoloro que ferve a -4,5 °C, dun cheiro característico e soluble en solventes orgánicos. Debe a súa importancia á facilidade de polimerizarse en presenza de catalizadores e de copolimerizarse cunha gran variedade de compostos, dando produtos variados dunha grande importancia técnica, como o caucho sintético, a buna, etc.

Palabras veciñas

Busturia | Buşulenga, Zoe Dumitrescu | butaca | butadieno | butanal | butaneiro -ra | butano