Butia

Butia
[PLANTA]

Xénero de palmeiras da familia das arecáceas. En Galicia está presente como ornamental a especie B. capitata (orixinaria de Brasil, Uruguay e Arxentina), cun tronco de ata 50 cm de diámetro que mantén as marcas onde estiveron as follas, que son pinnadas e de ata 4 m de lonxitude; o froito é de cor vermella escura e as sementes son cocos dun diámetro máximo de 15 mm, con tres poros xerminativos.

Palabras veciñas

Butes | Buthroton | Buthus | Butia | butihidroxianisol | butil | butilamina