butilamina
butilamina
(< butil)
s
f
[QUÍM]
Base líquida incolora da que hai catro variedades isoméricas (n-bultilamina, sec-butilamina, tert-butilamina e isobutilamina). A única que ten aplicación industrial é a primeira, que se emprega na obtención de fármacos, emulsionantes e insecticidas e na industria do caucho.