Buytendijk, Frederic Jacobus Johannes

Buytendijk, Frederic Jacobus Johannes

Fisiólogo e psicólogo neerlandés. Profesor nas universidades de Nimega e Utrecht, estudiou, ao mesmo tempo, a psicoloxía animal e a humana contempladas dende a fenomenoloxía. Rexeitou o dualismo cartesiano alma-corpo e baseou as súas observacións nas relacións que manteñen o suxeito co medio e non nas situacións experimentais. Entre outras obras, publicou Psychologie der Tieren (1920), Traité de psychologie animale (Tratado de psicoloxía animal, 1952) e Prolegomena van een anthropologische Fysiologie (Prolegómenos dunha fisioloxía antropolóxica, 1965).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Breda, Brabante Setentrional

  • Deceso

    Lugar : Nimega