Büyük Menderes
Büyük Menderes
Nome científico: [Gran Menderes]
Río de Turquía que nace no altiplano de Anatolia e adopta unha dirección NL-SO. Desemboca no mar Exeo, ao S da illa de Samos, logo dun percorrido de 402 km. No seu curso inferior divaga formando numerosos meandros, que lle deron o seu nome.