Bydgoszcz

Bydgoszcz

Capital do voivodato homónimo, ao NO de Varsovia, Polonia, á beira do río Brda (386.100 h [1996]). É un dos núcleos industriais máis importantes de Polonia (química, metalúrxica e eléctrica). Ademais, é o centro cultural da rexión e dispón dun nó de estradas e de ferrocarril. Foi un dos grandes mercados de cabaleiros da orde teutónica.