1 c

1 c
  1. s m [ESCR]

    Terceira letra do alfabeto galego, denominada ce.

  2. s m [FILOL/LING]

    Grafía que representa o fonema consonántico fricativo interdental xordo /ɵ/ en posición explosiva cando precede ás vocais /e/, /ɛ/ e /i/ (/’ɵea/, /’ɵinE/). Nas áreas dialectais seseantes, o fonema /ɵ/, neste mesmo contexto, realízase como fricativo apicoalveolar xordo ou como predorsodental xordo (/’seRka/, /tOu’si?O/). Diante das vocais /a/, /o/, /ɔ/ e /u/ esta grafía responde ao fonema consonántico oclusivo velar xordo /k/. Aparece en posición explosiva precedendo ás vocais /a/, /o/, /ɔ/ e /u/ (/’kaNdO/, /’ku?a/) e tamén pode formar grupo consonántico precedendo aos fonemas /l/ e /ɾ/ en cultismos e semicultismos (/’kLaɾO/, /’kRabO/); aparece en posición implosiva nos cultismos (/’aKtO/, /tRaK’toR/). No galego moderno a letra c forma o dígrafo ch representando o son [t?] (chamar < CLAMARE). A grafía <c> foi tomada do latín e deriva do gamma (Γ) do alfabeto grego. En latín representaba en principio a velar sonora /g/, pero por influencia etrusca pasou a representar a velar xorda /k/, desprazando as grafías <k> e <q>. No paso ao galego conservouse a grafía <c> tanto para os casos nos que se conservou o fonema /k/, como naqueles nos que palatalizou, dando lugar ao actual /ϴ/. Diacronicamente, a grafía <c>, representando o fonema /k/, procede de: a) consoante oclusiva velar xorda en posición inicial, seguida de a, o ou u (carro < CARRU, corno < CŎRNU, coello < CŬNĬCŬLU; b) simplificación da consoante xeminada velar -KK- en posición intervocálica precedendo ás vocais a, o ou u (boca < BŬCCA, seco < SĬCCU) e, diante de vogal palatal, ten a mesma evolución ca a simple inicial (aceptar < ACCEPTĀRE); c) grupo consonántico KR- en posición inicial ou medial non intervocálica (cruel < CRŪDĒLE, escribir < SCRĪBĔRE); d) grupo consonántico KL- en posición inicial nas voces patrimoniais evoluciona a un resultado africado [t?] (chamar < CLAMĀRE), mentres que na lingua popular é frecuente o tratamento semiculto, con rotacismo da consoante líquida, deste grupo consonántico (popular cramar < CLAMĀRE), formas moi utilizadas na literatura de finais do s XIX e mediados do XX; sen embargo, nos vocábulos con tratamento semiculto ou incorporados tardiamente á lingua prodúcese o rotacismo da consoante líquida (crego < CLĒRĬCU); e e) fonema /Kw/ ou secuencia de dous fonemas /KW/ en posición inicial orixina en galego dous resultados distintos: 1) simplificación en palabras patrimoniais en posición inicial ao perder o elemento labiovelar na maior parte do territorio galego -aínda que se conserva cua- no bloque oriental- seguido de á tónico ou a átono (cal/cual < QUALE, calidade/ cualidade < QUALĬTĀTE), aínda que en posición posconsonántica e seguido de o sempre simplifica (nunca < NŬNQUAM, como < QUŌMŎDŎ); e 2) seguido de vogal palatal xa perdeu o wau no latín vulgar polo que orixinou o fonema interdental (cinco < QUĪNQUE, cocer < CŎQUĔRE). Sen em-bargo, cando a grafía <c> representa o fonema /ɵ/ procede de: a) oclusiva velar xorda latina inicial K- seguida de vogal palatal que se converte primeiro nunha africada dentoalveolar xorda [ts], que evoluciona a unha fricativa alveolar xorda [s], en áreas de seseo, ou interdental xorda [ɵ], no resto (cento < CĔNTU, cerca < CĬRCA); b) bilabial xorda intervocálica -K- seguida de vogal palatal e, i palataliza ao converterse nunha africada dentoalveolar sonora [dz] que evoluciona a fricativa [z] e, finalmente, enxordece [s], en áreas de seseo, ou cambia a fricativa interdental xorda [ɵ]; no resto (facer < FACĔRE, veciño < VĪCĪNU); c) xeminada -KK- en posición intervocálica precedendo a unha vogal palatal (acento < ACCĔNTU); d) alveolar xorda en posición inicial S- como produto dunha confusión entre sibilantes (cerrar < SERĀRE); e) grupos con iode -TJ- e -KJ- orixinan primeiramente unha africada dentoalveolar, xorda [ts] ou sonora [dz] segundo fose ou non intervocálica, posteriormente desafricada e enxordecida (terceiro < TĔRTĬĀRĪU, xuízo < IŪDĬCĬU); f) terminación latina -TĬŌNE tivo como evolución patrimonial no medievo -zon ou -çon, que se conserva no galego moderno só nalgúns termos illados (doazón, ligazón, armazón ou traizón), e que comezou a perderse xa a finais da Idade Media en favor da forma -ción (posición < POSITĬŌNE). Tamén as terminacións -ANTĬA > -anza (crianza < *CRIANTĬA), -ENTĬA > -enza (doenza < DOLENTĬA) e -TĬU/-TĬA > -zo/ -za conservan as terminacións patrimoniais, aínda que tamén a forma -cio/-cia presiona sobre as formas autóctonas (gracia < GRATĬA, espacio < SPATĬU).

Palabras veciñas

Bytom | bytownita | Byumba | 1 c | 2 c | ç | C