C

C
  1. Cifra romana que representa o número 100 (cen).

  2. [FÍS]

    Símbolo da capacidade eléctrica.

  3. [FÍS]

    Letra que designa a terceira das raias de Fraunhofer, a de lonxitude de onda de 6.563 Å.

  4. [IND]

    Sigla de Cuba na placa de estado.

  5. [INFORM]
    1. Linguaxe de programación informática desenvolvida nos Laboratorios Bell en 1972, baseada nas linguaxes anteriores B (1970) e BCPL (1967). Proporciónase un compilador C como parte do sistema operativo UNIX que a emprega para escribir a maior parte deste sistema operativo. Ademais, C é unha alternativa moi estendida como linguaxe ensambladora para escribir programas de ordenadores persoais moi eficientes. Trátase dunha linguaxe de aplicacións xerais semellante a PASCAL e ALGOL, pero, a diferenza doutras da súa clase, proporciónalle ao programador un acceso completo á representación interna da máquina (bit a bit) de todos os tipos de datos. Isto fai que resulte práctica para desenvolver tarefas que ordinariamente requirirían linguaxe ensambladora e para realizar cálculos aproveitando a efectividade máxima da máquina.

    2. C++

      ersión da linguaxe de programación C orientada a obxectos. Foi desenvolvida por Bjarne Stroustrup nos Laboratorios Bell a mediados da década dos anos 80 como sucesor de C.

  6. [LIT]

    Tavola Colocciana.

  7. [MAR]

    Nome dunha bandeira de sinalización mariñeira. Izada soa pode significar ‘si’ ou ben pode confirmar o sentido dos sinais anteriores. Izada con tres cifras significa ‘rumbo’.

  8. [MAT]
    1. C q p designa o número de combinacións de orde q, formadas a partir de p elementos.

    2. Símbolo da constante de Euler.

  9. [METROL]
    1. Símbolo do coulomb.

    2. Símbolo do grao na escala Celsius ou centígrada de temperaturas.

  10. [MÚS]
    1. Terceiro elemento da escala diatónica na notación alfabética que se corresponde co do.

    2. Indicación do compás de catro tempos de negra (4/4) derivada do semicírculo que, na notación proporcional, caracteriza a división binaria.

  11. [QUÍM]

    Símbolo do carbono.

  12. [XEOL]

    Letra que designa nos solos o horizonte inferior, constituído pola rocha nai pouco alterada e sobre a que repousan os outros horizontes.

  13. ácido C [QUÍM]

    Ácido aminosulfónico empregado como intermediario na fabricación de colorantes azoicos.

  14. vitamina C [BIOQ]

    Nome habitual do ácido ascórbico.

Palabras veciñas

1 c | 2 c | ç | C | C l | C l | C-3, vía do