Cabaleiro Muíños, Generoso Antonio
Deseñador e empresario. Coñecido como Gene Cabaleiro, logo dunha etapa como futbolista, iniciou a súa andaina profesional como deseñador e empresario nos anos sesenta, cando fundou cos irmáns Regojo a empresa Atir, dedicada á comercialización e fabricación de pantalóns de vestir. En 1968 comezou a súa traxectoria profesional en solitario, ao adquirlles aos irmáns Regojo a súa participación na empresa. En 1974, fundou en Vigo a empresa D’aq e a marca comercial D’aquino que produciu todo tipo de prendas para home e, posteriormente, especializouse en roupa de espectáculo e fantasía. Nos anos oitenta os seus deseños acadaron o seu máximo apoxeo e comercializáronse en Europa, nos EE UU e nos países árabes. Considerado como un gran creador e un gran técnico no uso das cores e dos tecidos, intérpretes como Elton John ou Miles Davids, entre outros, empregaron o seu vestiario. Inaugurou comercios propios en París, Anveres, Colonia, Saint Tropez, Vigo ou Eivissa. Recibiu numerosas mencións e condecoracións polo seu labor como deseñador.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Redondela