Caballero
Caballero
-
[ONOM]
Forma castelá correspondente ao apelido galego Cabaleiro.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe aragonesa, espallada por toda España. As súas armas levan, en campo de goles, un cabaleiro armado de prata, xinete nun cabalo do mesmo metal, cunha espada denuda na man destra e unha rodela na sinistra. Os de Asturias traen, en campo de sinople, un castelo de prata posto sobre ondas de auga de azul e prata, sinistrados dun león rampante da súa cor, empinado aos seus muros e superado dunha estrela de ouro; bordo de azul con oito flores de lis de ouro.