Caballero Álvarez, Abel Ramón
Economista e político. Oficial da Mariña Mercante, obtivo a licenciatura en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, un Master in Arts en Economía na Universidade de Essex e o doutorado na Universidade de Cambridge. Foi profesor das universidades de Sevilla e Santiago de Compostela, onde exerceu como catedrático de Teoría Económica en 1983, e na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Militante do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), foi elixido deputado pola Coruña na terceira lexislatura (1982-1986), actuando como portavoz de asuntos económicos do grupo parlamentario socialista. Entre 1985 e 1988 foi ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. En 1990 foi elixido secretario de política institucional do Comité Executivo do PSOE. En 1997, cando se presentou como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, foi elixido deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento galego. Entre outras obras publicou La crisis de la economía marxista (1982) e La socialdemocracia ante la economía de los noventa (1994).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ponteareas