cabalo
(< lat caballu ‘cabalo capado’, ‘cabalo de traballo’)
-
-
s
m
[ANIMAL]
[Equu
-
cabalo albardeiro
Cabalo empregado para a carga ou o transporte.
-
cabalo alobado
Cabalo que ten sinais de que o mordeu o lobo.
-
cabalo bravo
Cabalo que vive en estado salvaxe.
-
cabalo enteiro
Cabalo que está sen capar.
-
cabalo faco
Cabalo que é pequeno e ruín.
-
cabalo galego de monte
Raza de cabalos autóctonos de Galicia que constitúe unha variedade diferenciada dentro do gran grupo dos poneys célticos, adaptada ás serras da dorsal galega, aos montes do arco fisterrán, á serra de Argallo e ao macizo do Xurés-Gerês, onde reciben o nome de garranos. Ademais da denominación oficial da raza, rexistrada como “cabalo galego de monte”, tamén se coñece a este animal como bestas ou burras, formas xeneralizadas entre os propietarios; ou faco galiziano, poney galego, cabalo salvaxe de Galicia ou garrano galego-portugués, formas todas elas empregadas na bibliografía. Non todas as poboacións de cabalos conservados en réxime de liberdade nos montes de Galicia deben ser consideradas como integrantes da raza do cabalo galego de monte. Nalgunhas áreas, especialmente nas serras do norte, os cruzamentos con exemplares de razas máis pesadas e brevilíneas, procedentes de paradas ecuestres militares, deron lugar á introdución e expansión de determinados caracteres raciais moi afastados do patrón morfolóxico da variedade autóctona. Noutras serras do sur, coexisten greas de cabalos pouco mesturados ao lado de greas nas que os garañóns son claramente descendentes de exemplares cruzados.
Características morfolóxicas do cabalo galego de monte
Os individuos da maioría das poboacións máis ou menos puras ou pouco mesturadas presentan unha alzada á cruz raramente superior aos 1,35 m, existindo núcleos poboacionais onde a maioría dos exemplares miden menos de 1,25 m (como os da serra da Groba, onde estarían os exemplares de menor alzada con 1,19 m de valor medio para as eguas adultas). A lonxitude do tronco, en relación á súa altura e peso, é reducida e as canelas son curtas. Outros caracteres típicos dos cabalos galegos son o perfil da cabeza, normalmente recto ou subcóncavo, tal como correspondería aos poneys célticos, o pescozo curto, piramidal e ben conformado, e a liña dorsolumbar recta ou lixeiramente enselada ou fundida. O ventre é barrigudo, moi voluminoso debido á dieta baseada no toxo, especialmente dos gromos non lignificados. Os membros anteriores son curtos e os posteriores son irregulares e dobrados de xarretes. O pelo é na maioría dos casos de cor castaña, con tonalidades variadas desde o castaño pálido, de tons moi lavados, ao castaño cobreado. Nos exemplares considerados máis puros, a unha coloración castaña, sen presenza de manchas brancas en ningunha parte do corpo, acompaña a coloración negra das extremidades, desde a metade do antebrazo e a tibia ata os cascos. Nalgúns exemplares é posible observar a característica raia das razas primitivas, unha liña negra máis ou menos ancha e marcada que percorre o lombo. A crina e a cola acostuman ser negras. As crinas son abundantes e de pelos duros e fortes. Os cascos normalmente son escuros, tendendo ao negro. Adoitan presentar un bigote no labio superior, de pelos duros de máis de 10 cm de lonxitude.
Efectivos demográficos
Os censos efectuados polo Ministerio de Agricultura en 1.994 contabilizaban en Galicia 37.425 cabalos sen distinguir razas. Destes, o número de exemplares que se conservan máis ou menos puros da raza do cabalo galego é descoñecido. Algunhas áreas de Galicia parecen mostrar, a priori, unha maior frecuencia de exemplares con caracteres raciais máis próximos á pureza. É o caso das serras da Groba ou do Suído. Na serra da Groba, onde se celebran cinco curros, calcúlase que pode haber un total de 2.500-3.000 cabalos. Nos curros de Torroña, Mougás ou A Valga consérvase un bo número de cabalos coa maioría dos caracteres raciais propios do poney galego-portugués. Igual acontece, aínda que con moita menor frecuencia, nos montes da serra do Suído ou da serra do Xistral. No Parque Nacional da Peneda-Gerês, no norte de Portugal, están contabilizados 834 exemplares, divididos en tres núcleos de cría que conservan en boa medida os caracteres propios da raza. Non sería esaxerado afirmar que na actualidade, en toda a área de distribución do poney galego, podería haber con seguridade máis de 1.000-1.500 exemplares. A Xunta de Galicia, en 1998, creou a Normativa Reguladora do Libro Xenealóxico da Raza Cabalo Galego de Monte. A identificación dos exemplares inscritos realízase mediante un sistema triple: reseña completa do individuo, chip e marcaxe.
Distribución das variedades do cabalo galego de monte
Seguindo criterios como a alzada á cruz e outras medidas e índices morfométricos, ademais da variabilidade da coloración do pelo, os cabalos galegos pódense subdividir en tres grandes grupos: montes de Oia e da serra da Groba, rexión central de Galicia e rexión norte de Galicia. Existen valores morfométricos moi baixos no primeiro, medios no segundo e altos no terceiro, relacionados coa magnitude dos cruzamentos con outras razas ou que, sendo de igual importancia nas distintas zonas a frecuencia destes cruzamentos, a supervivencia dos exemplares mesturados varía en función das condicións ecolóxicas que tivesen que aturar.
Orixe e procedencia do poney galego
Os cabalos autóctonos ibéricos estaban presentes xa no inicio do cuaternario; neste sentido, a comparación de fotografías actuais con pinturas rupestres da cova de Lascaux, en Francia, datadas hai máis de 17.000 anos, semellan referirse a un mesmo tipo de equino. As fontes de información coas que se conta para averiguar o papel do cabalo no tempo en que se manifestou a chamada cultura castrexa son, fundamentalmente, as proporcionadas polos historiadores romanos e gregos, ou as derivadas do estudio de certos achados materiais nos que dalgunha forma se recolle a figura do cabalo. Segundo estas fontes, nesa época en Galicia existirían cabalos de pequeno porte. Estrabón cita xa nesa altura o costume dos poboadores dos castros de practicar “pelexas ximnásticas, hoplíticas e hípicas para o puxilato, a carreira, o lanzamento de dardos e o combate”, o que revela, sen dúbida, a consideración da monta como unha característica propia de guerreiros e vinculada por tanto ao combate. Apiano cita a decisión de Sexto Xunio Bruto de non perseguir as bandas de lusitanos debido á velocidade coa que se movían estas tropas polas montañas. En todo o occidente europeo, desde Escocia ou Escandinavia ata Galicia e norte de Portugal, é posible recoñecer unha notable proximidade morfolóxica nas diferentes variedades ou razas de cabalos existentes. Desde os poneys de Exmoor e Dartmoor, no sudoeste de Inglaterra, ata os pequenos Shetland, no arquipélago escocés do mesmo nome, os irlandeses Connemara ou os escoceses Highland, pasando polas razas ibéricas de poneys, como o galego-portugués, o asturcón, o pottok ou o losino, amais dun grupo de razas que poden ter unha mesma orixe xenética, o chamado poney ou cabalo céltico. Mediante análise directa de ADN mitocondrial e nuclear revelouse que tanto estes cabalos como o resto das razas europeas, entre as que se encontraría o poney galego-portugués, tiñan unha orixe moi diversa e antiga.
Ecoloxía e comportamento do cabalo galego de monte
A composición da dieta do cabalo de monte está baseada, ata nunhas 3/4 ou 4/5 partes do total, no toxo. A proporción da herba e do toxo na dieta varían ao longo do ano, dependendo do estado e condición do monte. Deste xeito, o toxo é o principal alimento do inverno, e tamén no verán se non hai pastos húmidos de braña ou gramíneas. O consumo de queiroas é baixo. En canto á actividade e uso do hábitat, en condicións de boa meteoroloxía, o tempo de pastaxe pode chegar a máis de 18 horas diarias, mentres que na invernía, e con mal tempo, descende a menos de 14 horas. Isto explicaría, xunto coas maiores perdas enerxéticas, a elevada mortalidade que se rexistra en períodos prolongados de frío, chuvia e neve. Esta pastaxe que efectúan as greas de cabalos faise ao longo dun territorio determinado. Os valores de superficie ocupada por unha grea, se a área cumpre todos os requisitos ecolóxicos para os cabalos, é pequena; na serra do Suído algúns grupos móvense por unha superficie dunhas 100 Ha. A intervención humana sobre os grupos de cabalos, retirando poldros, vendendo eguas ou ceibando garañóns, impide que as pautas de comportamento innatas desta especie se manifesten de maneira espontánea. Normalmente, a poboación estrutúrase en greas dun garañón e de dez a vinte eguas, podendo haber variacións importantes. Os garañóns conducen a grea e deféndena dos predadores e doutros machos intrusos, delimitando o seu territorio a través de deposicións masivas de excrementos en certos puntos, acompañadas por un ouriñar reiterado. En áreas con pouca intervención humana, ao cabo de dous ou tres anos, os garañóns expulsan os poldros da grea. Os machos novos poden asociarse en grupos de dous ou tres exemplares, ás veces con algunha femia nova. As femias, ao alcanzar a pubertade, acostuman marchar voluntariamente do grupo, ao ser ignoradas polo garañón. Os garañóns vellos poden perder o seu harén despois de se encontrar con machos novos e ser derrotados no enfrontamento físico. Estes combates non acostuman ser cruentos, se ben pode haber casos nos que se produzan feridas e lesións importantes por couces e trabadas. O calendario da reprodución varía sensiblemente en función das áreas xeográficas, o maior número deles concéntrase nun mes ou mes e medio, no que a maioría das eguas paren os seus poldros, principalmente entre os meses de marzo e abril.
Interacción do cabalo galego de monte con outras especies silvestres
O pastoreo, o desprazamento e certas condutas dos poneys no monte dan lugar a un modelado característico do mato e do chan que habitan estes animais. O paso reiterado por rutas definidas e constantes dá lugar á fragmentación da masa continua do mato de toxo. O pastoreo desde estes carreiros aclara os toxos situados nos bordos e favorece a súa penetración por outras especies animais e o crecemento das poáceas. Os carreiros lineais utilizados para longos desprazamentos son tamén frecuentados por outras especies de mamíferos, como o lobo ou o raposo. Por outra parte nos nacedoiros de auga do inverno, que quedan secos no verán, os cabalos déitanse e fréganse coa area para desparasitarse, agrandando a superficie de chan espida, e ampliando a canle das fontes no inverno. Tamén no verán, cando as vareixas e outros dípteros molestan, os cabalos, ao igual ca as vacas, soben aos penedíos máis altos, onde a brisa dificulta o voo das moscas, fertilizando cos seus excrementos os arredores e dando lugar ao medre de herbáceas. Nalgunhas serras, como a do Suído, estes lugares denomínanse sesteiros. Cando morre algún cabalo, da descomposición e mineralización posteriores sérvese un elenco variado de herbáceas para agromar, que á súa vez son aproveitadas por outros herbívoros como a lebre. En canto á relación do cabalo e do lobo, no contexto de todo o planeta, tan só no noroeste ibérico e na Mongolia (desde a reintrodución recente do cabalo de Prezwalski), se conserva este sistema depredador-presa tal como debeu funcionar no Paleolítico Superior. A biomasa consumida polos lobos na súa dieta primaveral estaba formada nun 90% por poldros nos montes do Testeiro, baixando esta dependencia a un 57% no inverno, mentres que no Suído, cuns efectivos moito máis numerosos de cabalos, a porcentaxe de biomasa consumida de poldro na primavera chegaría tamén a un 90%, pero baixaría tan só a un 82% no inverno. Isto explícase polo elevado índice de mortalidade invernal que manifestan os cabalos nesta serra, que lle permitiría ao lobo sobrevivir a base de consumir os cadáveres dos animais mortos de fame e frío. Outro aspecto interesante é a elección da presa que realiza o lobo e a súa variación ao longo do ano. Así, globalmente, para unha área comprendida no sudoeste de Galicia, do total de cabalos atacados e matados polo lobo, o 45% corresponden a poldros, o 42% a cabalos novos e un 13% a cabalos adultos. Os ataques a poldros concéntranse entre os meses de abril e setembro, rexistrándose as frecuencias máis altas no mes de abril. Os ataques a novos prodúcense ao longo de todo o ano, pero a maior frecuencia de ataques rexistrouse nos meses de xaneiro e febreiro, no medio do inverno, cando máis debilitados poden estar os cabalos. Igual acontece cos cabalos adultos, que son atacados con maior frecuencia entre os meses de decembro e marzo. Estes valores, xunto co comportamento defensivo que mostran as greas evidencian que a relación existente entre o lobo e o cabalo en Galicia é o resultado dunha evolución conxunta moi antiga, que daría lugar a unhas determinadas pautas ecolóxicas e de comportamento. -
cabalo muleiro
Cabalo ao que lle gusta montar as mulas.
-
cabalo pai/semental/da semente/de parada
Cabalo que se emprega para semental.
-
cabalo pedrés/roxo
Cabalo que ten o pelo branco e negro mesturado.
-
cabalo pinto
Cabalo que é de máis cores ca unha.
-
cabalo receador
Cabalo que incita as eguas.
-
cabalo roán
Cabalo que ten a crina branca.
-
cabalo saltaricán/biallo
Cabalo vello, cun andar moi lento e que resulta incómodo para o xinete.
-
cabalos rabaneses
Grupo de cabalos que viven en liberdade no monte.
-
s
m
[ANIMAL]
-
-
s
m
Figura que representa un cabalo.
-
s
m
[XOGO]
Cada unha das catro pezas do xogo do xadrez, dúas brancas e dúas negras, que teñen a figura da cabeza dun cabalo. Segue un movemento en forma de L e pode saltar por riba doutras pezas.
Ex: Gañou a partida grazas a un bonito xaque de cabalo.
-
s
m
[XOGO]
Carta da baralla pertencente a cada un dos catro paos que ten pintado un home a cabalo e que está marcada co número once; normalmente vale máis ca a sota e menos ca o rei.
Ex: Faltoulle o cabalo e perdeu o xogo.
-
cabalo de cartón XOGO
[XOGO]
cabaliños de nenos.
-
s
m
-
s
m
e
Ex: Tomou cabalo adulterado e morreu por sobredose.
-
s
m pl
Nubes que se ven no ceo á tardiña e que anuncian tormenta.
Ex: No verán vense moitos cabalos no ceo.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Nome co que tamén se coñecen ao peto verdeal e ao peto negro, por mor da voz territorial que posúen e que semella un rincho forte e decrecente. Emítena tanto os machos como as femias, especialmente ao inicio da época de cría e durante todo o día. Estas dúas especies apenas dedican tempo a marcar o territorio tamborilando nas árbores, comportamento típico de todos os petos. Estas especies tamén reciben o nome de cabalo da chuvia e cabalo rinchón.
-
s
m
[BÉL]
Soldado de cabalería que anda no cabalo.
Ex: O soldado pasou a ser cabalo no seu novo posto.
-
s
m
[MAR]
Banqueta inclinada e provista de patas anteriores e posteriores, semellante ao banco de popa do construtor de navíos. No medio da táboa inclinada fanse uns rebaixes que permiten que a madeira que se vai traballar con machadas estea firme.
-
s
m
[DEP]
Aparello ximnástico para facer exercicios de salto. Consiste nun corpo cilíndrico de madeira, cuberto de crina e coiro. Ten unha lonxitude de 180 cm e un ancho que oscila entre os 35 e os 37 cm. Está sostido por catro pés que poden regular a altura do aparello.
Ex: Partiu unha perna cando saltaba no cabalo.
-
s
m
[ETN]
Soporte que consta de dous paos cruzados que se emprega para serrar a madeira.
Ex: Serraron a madeira no cabalo.
Sinónimos: cabalete. -
s
m
[PAT]
Dor do músculo do pescozo provocada por unha mala postura.
Ex: Foi ó medico porque tiña un cabaleiro e non podía mover o pescozo.
-
cabalo de batalla
[BÉL]
-
Cabalo que os antigos guerreiros reservaban para a batalla máis importante porque tiña as mellores calidades físicas para a loita.
-
Asunto moi disputado, sobre o que se insiste continuamente e que é motivo de moitas controversias.
Ex: O verbo é o cabalo de batalla de moitas gramáticas.
-
-
cabalo de Frisa/Frisia
-
[BÉL]
Antigamente, viga de madeira atravesada por longos dentes de ferro ou por estacas, que se empregaba como defensa contra a cabalería.
-
Defensa accesoria contra persoas, formada por arame con puntas posto sobre un bastidor, formado por dúas cruces de santo Andrés unidas por un traveseiro, e que serve para pechar fendas, pasos, rúas, etc.
-
[BÉL]
-
cabalo de mar
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos singnátidos, o seu nome provén da similitude que existe entre a súa cabeza e a dun cabalo. Caracterízase polo corpo comprimido e alongado, coa cola prénsil, armado de placas dérmicas, grandes e rectangulares, ordenadas formando series de aneis. A boca é pequena e sen verdadeiros dentes, situada no extremo dunhas longas mandíbulas tubulares a modo de fociño sobresaínte. Aliméntase de pequenos invertebrados que suciona polo tubo no que remata a diminuta boca; a ausencia de dentes obrígao a tragar enteiras as presas que consome. A abertura das branquias redúcese a un poro localizado na membrana sobre o opérculo, con catro arcos branquiais completos. Carecen de aletas espiñosas, podendo o resto das aletas estar presentes ou ausentes (falta, por exemplo, a aleta caudal). Son uns peixes que presentan dimorfismo sexual, sendo os machos os que incuban os ovos; a reprodución acontece entre abril e outubro; despois dunha danza nupcial, a femia introduce a súa posta, fecundada, dentro dunha bolsa incubadora ben desenvolvida en forma de saco, no abdome do macho, que abre mediante un poro situado na parte media dianteira; os machos recollen a posta de varias femias diferentes ata encher a bolsa; cada ovo, duns 2 mm de diámetro, disponse nun alvéolo nutricional situado nas paredes da bolsa, intensamente vascularizadas, que xogan o papel dunha placenta; tras 3-5 semanas de incubación, o macho expulsa mediante contraccións violentas as crías, duns 15-16 mm de lonxitude que, neste período de larva e nos primeiros estadios de poslarva, son semellantes aos adultos, aínda que poden existir diferencias significativas entre novos e adultos nalgúns xéneros. Os cabalos de mar habitan en mares cálidos e temperados, existindo o maior número de especies e a maior diversidade en augas subtropicais; son predominantemente mariños aínda que non son raras as especies nos esteiros e en augas doces; algunhas son oceánicas pero a maioría viven en augas costeiras ata os 50 m de profundidade. A pesar do seu escaso valor económico, en ocasións véndense como curiosidades ou para acuarios, o que chega a poñer en perigo algunhas poboacións. Estímanse que existen unhas 30-35 especies das que tan só dúas viven nas augas europeas; as dúas englóbanse no xénero Hippocampus e están presentes nas augas de Galicia. Estas dúas especies son: H. hippocampus, a máis frecuente, caracterizada polo fociño máis curto (a súa lonxitude contida xeralmente máis de tres veces na lonxitude da cabeza) e que presenta máis ou menos dezaoito radios na aleta dorsal e con poucos ou ningúns pregos dermais. A súa cor é variable, de parda a negra, ás veces con manchas pálidas, e a aleta dorsal presenta xeralmente unha banda escura subterminal. Pode acadar ata 15 cm, estando presente en todas as costas da Península Ibérica; a súa distribución, aínda que maioritariamente mediterránea abrangue as costas atlánticas do norte de África e europeas ata o canal da Mancha; H. ramulosus, menos abundante, recoñécese polo seu fociño relativamente longo (a súa lonxitude contida xeralmente menos de tres veces na lonxitude da cabeza) e presenta dezanove ou máis radios na aleta dorsal e con pregos dermais na cabeza e tronco que lle axudan a camuflarse. De cor variable, en ocasións de parda a negra, como a especie anterior, pero outras tirando a vermello ou amarelo; normalmente con numerosos puntos branco-azulados. Acada ata os 16 cm e aparece en todas as costas da Península Ibérica; a súa distribución, moi similar á da especie anterior, abrangue ata o norte de Gran Bretaña e Irlanda. As dúas especies de distribución europea viven maioritariamente entre as algas, en augas costeiras superficiais, mimetizándose en cor e forma co contorno. Algunhas especies tropicais poden chegar a ter moi desenvolvidos os pregos dérmicos, e incluso as aletas divididas en varios lóbulos, chegando a parecer verdadeiras algas entre as que se camuflan. Tamén se coñecen co nome de cabaliños de mar.
-
cabalo de Troia
-
[MIT]
Estatua colosal en forma de cabalo que construíron os gregos durante o asedio de Troia. Nela escondéronse Ulises e os seus homes mentres as tropas gregas simulaban retirarse. Os troianos introduciron a estatua na cidade, e pola noite os gregos, escondidos, abríronlles as portas aos seus compatriotas e saquearon a cidade. Este episodio puxo fin á Guerra de Troia.
-
[INFORM]
Programa de ordenador que posúe unha función destrutiva oculta, ben borrando todos os datos almacenados nun disco duro nunha data especificada, ben transferindo a través dunha rede telemática datos dun ordenador a outro de forma encuberta. Os cabalos de Troia son distribuídos con frecuencia como falsificacións de novas versións de aplicacións informáticas, e para evitar os seus ataques resulta conveniente dispoñer dun antivirus actualizado que os poida detectar. Distribuír conscientemente un programa destrutivo de ordenador deste tipo é un delito tipificado pola lexislación de varios países.
-
[MIT]
-
cabalo de vapor
[METROL]
Unidade métrica de potencia, que equivale a 75 kgm/s ou a 735,4 W.
-
cabalo do demo
[ANIMAL/ENTOM]
Denominación que reciben certos insectos estilizados e de gran tamaño como é o caso dos mántidos, dos tipúlidos e, especialmente, dos odonatos. A estes animais atribúenselles, dende antes do cristianismo, unha relación simbiótica cos espíritos dos bosques e das augas, ao servirlles de cabalgadura; ante esta manifestación pagá, a relixión dominante en Europa asociounos a demos ou incluso a santos (orixe da denominación, cabalo de san Vicente). En Galicia tamén se recollen combinacións de valor semellante a epítetos como tizón do demo. Esta mesma relación entre as libélulas e os diaños repítese noutros idiomas como no catalán onde se denominan espiadimonis (espía demos) ou no bretón nador aer (agulla do demo), ou asociados a outros seres máxicos como dragóns, chamados en inglés dragonflies. Tamén se coñecen co diminutivo cabaliño do demo.
-
cabalo inglés
[METROL]
Unidade inglesa de potencia, de valor 550 (pés ´ libra forza)/s, definida por James Watt. Equivale a 745,7 W.
Frases feitas
-
A cabalo loc adv Coas pernas abertas como se se estivese sobre un cabalo. OBS: Tamén se usa precedida da preposición de coa que contrae formando o adverbio dacabalo.
-
Non botes o cabalo ao monte. Expresa que non se debe negar que se fará unha cousa no futuro.
-
A unlla de cabalo. Con moita rapidez.
-
Andar no cabalo de san Francisco/Fernando. Ir a algures a pé.
-
De cabalo regalado a cabalo barrufeiro. Pasar de rico a pobre.
-
Levar ao cabalo. Levar a alguén encima dos ombreiros.
-
Poñer a alguén a cabalo. Aprender a alguén a montar.
Formas incorrectas
tortícolisRefráns
- A cabalo comedor, ronzal curto.
- A cabalo grande, esporas grandes.
- A cabalo vello, pouca ferralla e moita cebada.
- A cabalo vello, pouco verde.
- A cabalo vello, pouco verde.
- Alazán tostado, antes morto que cansado.
- Cabalo alazán non o teñas contigo en san Xoán.
- Cabalo grande, ande ou non ande.
- Cabalo que voa non precisa espora.
- Cabalo, galgo e fidalgo, bos, pero non medianos.
- Carreira que non dá o cabalo, no corpo a leva;
- Cebada e regalo fan o bo cabalo.
- Dúas cousas quere o cabalo: paso de andadura e pescozo de galo.
- No pisar coñécese o cabalo e o cabaleiro no gobemalo.
- No seu esterco o cabalo engorda, cando ben repousa.
- O barrufeiro no maio vólvese cabalo.
- O barrufeiro non lle acae ben ao bo cabaleiro.
- O cabalo e a muller a ninguén se han ofrecer.
- O cabalo fai a egua.
- O cabalo no seu esterco engorda, cando ben come e repousa.
- O cabalo, panda; e o boi, corvado.
- O que ten bo cabalo ten que saber montalo.
- O rocín no maio vólvese cabalo.
- Onde poida anda-lo carro, non vaia cabalo.