cabalete
(
-
s
m
Elemento de construción composto por dúas vertentes ou aquel formado por unha peza horizontal apoiada en dous pés.
-
s
m
Utensilio que consiste xeralmente nun pao apoiado de forma horizontal en catro patas diverxentes, que serve de soporte para diversos usos, entre eles, formar provisionalmente unha mesa, un banco, etc.
Ex: O día da festa montaron unha mesa con dous cabaletes porque eran moitos.
-
s
m
Armazón de madeira sobre a que se improvisa unha estada.
Ex: Os albaneis están construíndo un cabalete para poder traballar na parede.
-
s
m pl
[ESPECT]
Figura de entremés, chamada tamén cabaliño de cartón. Formada por un grupo de homes ou de nenos que van dentro dunha carcasa de cartón en forma de cabalo, sen patas, cunha faldra amodo de aditamento que fai de galdrapa. Ten un buraco nas costas por onde a sosteñen. Fan danzas e movementos distintos, todos eles coordinados; a miúdo marcan o ritmo con axóuxeres, fustas e contan co acompañamento de frautíns e tamborís. Xa se mencionaban no s XV, e parece ser que formaban parte dun entremés de loita de cabaleiros cristiáns contra mouros ou turcos.
-
s
m
Bordo de lousas ou tellas no que conflúen as dúas partes dun tellado.
Ex: Hai dúas tellas rotas no cabalete do tellado.
Sinónimos: cume, cumieira, cumio. -
s
m
Monllos de canas de millo dispostos en forma de pirámide.
Ex: Os cabaletes fanse despois da colleita do millo.
Confrontacións: meda. -
s
m
[ETN]
Estrutura xiratoria de madeira sobre a que se colga a gramalleira nalgunhas cociñas das casas rurais.
Sinónimos: andante, asneira, asnelo, asneta. -
s
m
[ETN]
Armazón sobre a que se coloca a madeira para serrar.
Sinónimos: cabalo. -
s
m
[ETN]
Peza do muíño de madeira que xira para levantar a moa.
Sinónimos: andante. -
s
m
Poldro no que se daba tormento.
Ex: Na Idade Media torturábase a xente en cabaletes.
-
s
m
[BÉL]
Apoio en forma de forca que levaban os soldados desde o s XVI ata ao XVIII para soster os arcabuces e outras armas de fogo no momento de apuntar.
-
s
m
[GRÁF]
Mesa con caixóns onde se coloca a caixa de imprenta que se está empregando.
-
s
m
[MAR]
Elemento de soporte para a botavara, formado por dúas táboas a xeito de X ou de Y, que se emprega no peirao para non deteriorar o pau de botavara.
-
-
s
m
Apoio en forma de tesoira cun traveseiro horizontal a media altura que se emprega para poñer enriba unha tea para pintar ou expoñer os cadros.
Ex: Os cabaletes dos pintores son de madeira.
-
pintura de cabalete p ext
Pintura sobre lenzo por oposición á pintura mural.
-
s
m
-
s
m
[PLANTA]
millá.