cume
(< lat culmĭne)
-
s
m
Parte máis alta dun monte.
Ex: O cume dos Pireneos estaba nevado.
Sinónimos: cabeza, cabezo, cemba, cima, cimeira, cimo, coroa, cotarelo, cumio, curota, curuto, petouto, pico, picoto, picouto. -
s
m
-
Parte máis elevada do tellado dunha construción onde se xuntan as vertentes.
Ex: Ten que subir ó cume da casa para arranxar a tella.
Sinónimos: cumio. -
Fileira de tellas na parte máis alta do tellado que se colocan boca abaixo para cubrir as xuntas doutras que están colocadas boca arriba e forman así a estrutura dun tellado.
Ex: Andou retellando o cume para que non chova dentro da casa.
Sinónimos: cabalete, cumieira, cumio. -
Trabe lonxitudinal situada na parte máis alta do teito ou da armazón dun tellado con dúas vertentes que permite soster a estrutura da cuberta.
Ex: Todas as trabes do tellado van dar ó cume.
Sinónimos: crucel, cumial, cumieira, cumio.
-
-
s
m
Parte máis elevada dalgunha cousa.
Ex: Fixeron o niño no cume da árbore. Está a rematar de construír o cume do forno.
Sinónimos: bicarelo, bico, cabeza, cima, cimeira, cumio, pico. -
s
m
Momento de máxima intensidade ou importancia dunha cousa.
Ex: A obtención da cátedra foi o cume da súa carreira profesional.
Sinónimos: cima, cumio. -
cume tonal
[LIT]
Punto onde se localiza a inflexión distensiva dun grupo melódico, que adoita corresponderse co último acento do verso.