cabeza

cabeza

(< lat v capĭtĭa< lat caput)

  1. s f [ANAT]
    1. Parte superior do corpo do ser humano e anterior e superior doutros animais, que contén os principais órganos dos sentidos e os centros nerviosos. A cabeza dos vertebrados comprende dúas partes fundamentais: o cranio, unha cavidade ósea que contén o encéfalo e está situado nun lugar superior e posterior; e a cara, na que se atopa o inicio dos condutos respiratorio e dixestivo e gran parte dos órganos dos sentidos, situada nun lugar inferior e anterior.

      Ex: O can é negro, pero ten unha mancha branca na cabeza.

      Confrontacións: testa.
    2. Zona da cabeza das persoas excluíndo a cara.

      Ex: Caeu do sétimo andar e esnafrou a cabeza.

  2. s f

    Facultade ou capacidade humana que é sede do pensamento, do intelecto, do talento ou do xuízo.

    Ex: É un arteiro e sempre ten a cabeza chea de andrómenas. Ten unha boa cabeza e non vai poder seguir estudiando por falta de recursos. É pouco frecuente que cometa imprudencias, ten unha boa cabeza.

    Confrontacións: croca, intelixencia, mente, tino.
    1. s f

      Cada persoa individual membro dun colectivo.

      Ex: O cadro de persoal consta de máis de trinta cabezas.

    2. s f

      Cada animal membro dun rabaño considerado individualmente.

      Ex: O número de cabezas medrou porque varias ovellas tiveron años.

      Sinónimos: res.
    3. por cabeza

      Indica a parte que lle corresponde a cada individuo cando se reparte algunha cousa.

      Ex: Repartiu mil pesetas por cabeza.

    1. s f

      Lugar preferente ou central.

      Ex: Andrés ocupa a cabeza da lista.

    2. cabeza de serie [DEP]

      Atleta ou equipo deportivo obxecto dunha clasificación preferente antes de iniciarse unha competición determinada. A condición de cabeza de serie adoita xustificarse polos méritos contraídos polos participantes en anteriores campionatos, aínda que tamén pode estar suxeita a criterios máis subxectivos. O propósito que perseguen os organizadores de eventos deportivos co establecemento de cabezas de serie é o de evitar os enfrontamentos entre os contendentes a priori máis potentes ou favoritos nas primeiras roldas dos torneos, co obxectivo de que estes poidan acceder doadamente ás fases definitivas da competición, ofrecendo deste xeito un espectáculo máis atractivo para o público.

      Ex: Este ano o primeiro cabeza de serie en Roland Garros é Alex Corretja.

    1. s f

      Poboación principal dun territorio, aquela que ostenta a sede de determinadas delegacións administrativas ou servicios públicos.

      Ex: Esta vila é a cabeza do concello.

    2. cabeza de partido [DER]

      Poboación dun partido xudicial na que radica o xulgado de primeira instancia e de instrución.

  3. s f

    Parte por onde comeza ou remata algunha cousa.

    Ex: Afiei a cabeza do lapis hai cinco minutos e xa partiu outra vez.

    1. s f

      Persoa que ocupa un lugar de preferencia, que preside ou ten os demais ás súas ordes.

      Ex: O xerente é a cabeza da empresa. Esta rapaza é a cabeza da clase con respecto ás notas.

      Sinónimos: líder.
    2. s f [HIST]

      Aquel que ten a autoridade e ostenta a representación dunha casa real ou señorial, a cabeza dunha casa real é o rei ou o seu herdeiro.

    3. s f [HIST]

      Quen ostenta a representación dunha liñaxe ou da rama dunha liñaxe.

    4. cabeza de familia [DER]

      Persoa maior de idade ou menor emancipada, baixo a dependencia de quen, por razóns de parentesco, tutela, adopción, acollemento, estado relixioso ou prestación de servicios domésticos, conviven outras persoas no mesmo domicilio. Ten dereitos e obrigas especiais referentes á vixilancia, instrución e sanidade.

    1. s f

      Parte voluminosa e arredondada situada nun extremo dunha planta.

      Ex: Merquei na praza dúas cabezas de repolo.

    2. cabeza de allo

      Conxunto dos dentes ou porcións que conforman o bulbo desta planta.

  4. s f
    1. Parte superior dalgunha cousa.

      Ex: Hai un niño de cegoñas na cabeza do campanario.

      Sinónimos: bico, cabezo, cima, cume, cumio, pico.
    2. [XEOG]

      Cima dun relevo montañoso.

      Ex: Hai neve na cabeza dos montes máis altos.

      Sinónimos: bico, cume, cumio, curuto, petouto, pico, picoto, picouto.
  5. s f
    1. [TECNOL]

      Extremo máis groso dun cravo ou dun parafuso, sobre o que se golpea para facelo penetrar ou sobre o que se aplica unha chave ou un desaparafusador para apertalo ou afrouxalo.

    2. [TÉXT]

      Extremo dunha agulla, un pouco máis ancho có resto, cun pequeno buraco no que se enliña o fío.

  6. s f

    Fracción máis volátil dunha mestura de líquidos sometida a destilación.

  7. s f [ANAT]
    1. Extremidade redondeada de certos ósos, como o fémur e o húmero.

    2. Porción máis voluminosa de certos órganos, como o epidídimo e o páncreas.

  8. s f [ARTE]

    Pintura, fotografía ou escultura que retrata unicamente a cabeza e o pescozo dunha persoa.

    Confrontacións: busto.
  9. s f [BOT]

    Parte da flor que exclúe o talo da mesma.

  10. s f [CONSTR/ARQUIT]
    1. Diámetro inferior da columna.

    2. Extremo dunha viga.

      Ex: A viga aínda non está asentada, só está apoiada polas cabezas.

  11. s f [ESCR]

    Conxunto de palabras que se poñen no comezo dun escrito.

    Ex: Enumera as ideas principais na cabeza do comentario de texto.

    Sinónimos: cabeceira, encabezamento. Confrontacións: epígrafe.
  12. s f [ETN]

    Parte do arado feita de madeira que se arrastra pola terra.

  13. s f [ETN]

    Parte vertical do xugo do carro que se cingue ao pescozo da besta.

  14. s f [LIT]

    Estrofa de extensión variable composta, polo xeral, de dous ou catro versos, que se sitúa no comezo dun poema e que presenta o tema que se tratará nas estrofas seguintes. É unha das partes que se recoñecen no vilancico, no cosaute ou na glosa. Cando se repite, convértese nun retrouso.

  15. s f [MAR]

    Cada un dos extremos dunha verga, pau ou peza que intervén na construción dunha embarcación ou dun buque.

  16. s f [TECNOL]

    Parte principal dun aparello ou dunha máquina, en oposición ás accesorias.

    Ex: O motor constitúe a cabeza dun automóbil. 

  17. s m [HERÁLD]
    1. Figura heráldica que representa unha figura humana ou de animal. As cabezas humanas máis frecuentes neste tipo de representacións son as de mouros, de cor negra e colocadas de perfil; cando se trata da cabeza dun rei mouro, adoita representarse de fronte e con turbantes, e ás veces con coroa. As cabezas de animais poden ir cortadas ou arrincadas, inda que a cabeza de león pode aparecer tamén mascarada.

    2. Xefe do escudo de armas.

  18. cabeza de baixante [ARQUIT]

    Extremo superior dunha canle baixante que ten forma de funil e adoita estar decorada.

  19. cabeza de cobra [PLANTA]

    aristoloquia.

  20. cabeza de cravo [ARQUIT]

    Motivo decorativo semellante á punta dun diamante, utilizado na arquitectura románica.

  21. cabeza de desembarco/ ponte/praia [BÉL]

    Fortificación militar situada nunha praia ou na beira dun río en territorio inimigo para preparar o paso do groso do exército.

  22. cabeza de muro [ARQUIT]

    Extremo do muro que ten maior grosor ca o resto.

  23. cabeza de touro [ANIMAL/ICT]

    Nome que reciben os peixes do xénero Cottus.

  24. cabeza do dedo [ANAT]

    Xema do dedo.

  25. cabeza do eixe [ETN]

    Parte do eixe que sobresae da roda do carro.

  26. cabeza magnética
    1. [TECNOL]

      Transdutor electromagnético reversible que transforma os sinais eléctricos en magnéticos ou viceversa; permite borrar, rexistrar ou ben reproducir os sinais eléctricos. O medio magnético onde se rexistra a información ou o sinal é unha cinta magnética, e o elemento eléctrico, unha bobina. O circuíto magnético, que se fai cun material dunha gran permeabilidade magnética (ferrita), contén dúas interrupcións de material non magnético denominadas entreferros. Un deles, en contacto coa cinta, ten como misión desviar o fluxo de indución magnética co fin de que penetre na cinta (fluxo de dispersión). O outro emprégase para evitar a saturación do circuíto magnético, xa que a relutancia, causada principalmente polo entreferro, resulta constante. Deste xeito, o circuíto magnético non chegará a saturarse e haberá proporcionalidade entre o fluxo e a tensión eléctrica. Na cabeza de gravación o fluxo magnético que penetra na cinta modifica o estado de imantación en función da tensión aplicada. Como a cinta pasa a unha velocidade constante, imántase en todos os seus puntos, transformando deste xeito o sinal eléctrico nunha soa onda. A causa da histérese cómpre, ademais, unha corrente de polarización de frecuencia ultrasonora (?60 kHz), e unha amplitude determinada. O entreferro ten nesta cabeza unha anchura duns 20 μm. Na cabeza de reprodución as variacións de imantación da cinta inducen na bobina unhas tensións a causa do movemento da cinta. O entreferro é duns 10 μm. O fundamento da cabeza de borrado é o fenómeno da histérese magnética. Na bobina da cabeza aplícase unha corrente alterna de alta frecuencia (que adoita coincidir coa de polarización, para simplificar). A cabeza magnética creada fai que cada punto da cinta describa un ciclo onde as sucesivas inducións restantes son cada vez máis pequenas. Con este sistema acádase, nos magnetófonos modernos, unha atenuación do sinal rexistrado duns 70 dB. O entreferro adoita ser dobre e ten unha largura duns 500 μm.

      Sinónimos: cabezal.
    2. s f

      Elemento dos dispositivos de almacenamento que empregan tecnoloxía magnética, tales como discos duros ou disqueteiras, que pode ler as alteracións magnéticas rexistradas nun soporte e nalgúns casos crealas baseándose nos impulsos eléctricos recibidos. Unha unidade de disco de dobre cara ou unha de varias capas ten unha cabeza para cada lado de cada capa ou cara.

      Sinónimos: cabezal.
  27. cabeza nuclear [BÉL]
    1. Parte dun mísil formada pola carga nuclear e por un corpo de reentrada. Os mísiles poden levar unha ou máis cabezas nucleares. Neste último caso os mísiles poden ser MRV, con cabezas múltiples simples que o vector dispersa sobre un único obxectivo; MIRV, con cabezas múltiples independentes guiadas, que o vector orienta sucesivamente cara a uns obxectivos diferentes, e MARV, con cabezas manobrables dotadas individualmente dunha capacidade de evolución que lles permite mellorar a súa precisión. As cabezas nucleares teñen diversas características de potencia, segundo o seu obxectivo, e pódense transportar ao branco previsto mediante diversos vectores, como os proxectís balísticos intercontinentais (ICBM).

    2. Carga nuclear que se monta na oxiva dun proxectil de artillería.

  28. cabezas castrexas [ARQUEOL]

    Esculturas en pedra procedentes dos castros galegos e portugueses ou do seu contorno sen un encadramento cronolóxico definido, aínda que semellan formar parte dunha koiné artística mediterráneo-romana de ao redor do s I d C. A execución varía entre as de tipo basto e talla moi ruda e as de maior coidado técnico. Polo xeral, debido ao seu pouco realismo ou naturalismo, coinciden na esquematización dos trazos anatómicos. A boca é unha sinxela incisión, o nariz é a miúdo de forma triangular, case nunca se representa nin o cabelo nin as orellas e os ollos poden estar abertos ou semipechados. Debido á pobreza do contexto arqueolóxico en que foron atopadas sinaláronse varias teorías interpretativas. Algúns arqueólogos apuntan un carácter funerario en consonancia coa súa interpretación como retratos de mortos, que ocuparían unha posición encaixada nalgunha construción. Outros autores apuntan a que se trata de representación de divindades, anacos de estatuas de guerreiros ou mesmo máscaras funerarias. O primeiro exemplar coñecido, descuberto en 1876, procede de Santa Iria (Portugal); posteriormente atopáronse novas esculturas en Amorín, Armeá, Chaves, Cortes, Francos, Gaxate, Güimil, Narla, Moreira Nova, O Castro, Óutara, Pontedeume, Remesar, Torres do Oeste, Três Minas e Vilela, e nas escavacións dos castros de Barán, A Graña, Monte Mozinho e San Cibrán de Las.

Frases feitas

  • 1 Estar aparvado.

  • A cabeza hai que tela nalgunha cousa. A mente nunca para de pensar.

  • Asentar a cabeza. Facerse asisada unha persoa.

  • Baixar a cabeza. Sentir vergoña.

  • Subirlle/ subirse unha cousa á cabeza (a alguén).

  • 1 Coa cabeza por diante.

  • 1 Emborrachar unha bebida alcohólica.

  • 2 Dicirlle cousas que lle causen desasosego.

  • 2 Provocar vaidade e presunción.

  • 2 Sen dubidar.

  • 2 Ser persoa de pouco xuízo.

  • 3 Facer que alguén tome ilusións vas.

  • Agarrar/coller/levar a alguén polos cabezóns. Coller a unha persoa polo pescozo e levalo contra a súa vontade.

  • Andar coa cabeza abaixada. Estar triste.

  • Andar de cabeza. Ter problemas.

  • Aprender en cabeza allea. Aprender levando os custos outra persoa.

  • Arriscar a cabeza. Poñerse en perigo de morte.

  • Arrolar a cabeza.

  • Baixar cabeza. Obedecer.

  • Botar de cabeza. Arruinar a alguén.

  • Botarse de cabeza. Emprender un asunto de éxito dubidoso temerariamente.

  • Cabeza de ola. Substancia que sae dun caldo nas primeiras cuncas.

  • Cabeza de turco. Persoa á que se acusa de algo do que non é responsable.

  • Cabeza de/no aire/cabeza tola/cabeza de vento Aplícase á persoa con pouco xuízo ou que perde a atención con facilidade.

  • Cabeza do dedo. Xema do dedo.

  • Cabeza do pan. Mazaroca.

  • Coa cabeza (ben) alta. Sen vergoña.

  • Comerlle a alguén as papas na cabeza. Ser máis alto ca outra persoa.

  • Dar (alguén) na súa cabeza. Decatarse alguén de que estaba nun erro.

  • De cabeza.

  • Dos pés á cabeza. Na súa totalidade.

  • Levar (a alguén) a cabeza. Marearse.

  • Meterse na cabeza algunha cousa a alguén. Teimar con algunha cousa.

  • Moerlle unha persoa a cabeza a outra persoa. Causar molestias, xeralmente mediante peticións reiteradas.

  • Non levantar cabeza. Ter dificultades para saír dunha determinada situación.

  • Perder a cabeza. Non ser capaz de rexerse nun momento concreto.

  • Perder unha persoa a cabeza. Actuar coa razón turbada.

  • Quentar (alguén) a cabeza. Matinar excesivamente.

  • Quentarlle a cabeza a alguén. 1 Amolar a alguén coa conversación ou pedíndolle cousas.

  • Quitar algunha cousa da cabeza. Disuadir.

  • Sacar unha persoa da cabeza algo máis que piollos. Referíndose a unha actividade intelectual, poñer máis esforzo.

  • Sentar cabeza. Volverse asisada unha persoa que non o era.

  • Ter a cabeza a paxaros. Non ser asisado.

  • Ter cabeza. Ser intelixente.

  • Ter mala cabeza. Non ter tino.

Refráns

  • A cabeza é a arca do sentido.
  • A cabeza manda nos pes.
  • A cabeza, o comer e o beber a endereita.
  • A cada cabeza, seu siso.