curuto

curuto
  1. s m

    Parte máis elevada dun monte.

    Sinónimos: cabeza, cabezo, cemba, cima, cimeira, cimo, cotarelo, cume, cumio, curota, cúspide, petouto, pico, picoto, picouto.
  2. s m

    Parte superior dalgunha cosa que teña forma cónica.

    Ex: Había un niño no curuto do tellado do pombal.

    Sinónimos: corucho, curucho.
  3. s m

    Parte superior e posterior da cabeza onde nace o pelo en distintas direccións.

    Ex: Xa lle empezaba a caer o pelo no curuto.

    Sinónimos: coroa, croca.

Formas incorrectas

coruto

Palabras veciñas

Curunda | curupela | curupete | curuto | Curuto | Curutos | curuxa