cabezo

cabezo

(< cabeza)

  1. s m
    1. Capa de graxa que se forma na superficie dun líquido.

    2. Tona de nata que se forma na superficie do leite.

      Ex: Coa culler intentei retirar o cabezo do leite.

  2. s m
    1. Parte máis alta dun monte.

      Ex: Subiron ó cabezo do monte ó mediodía e fotografaron as vistas.

      Sinónimos: bico, cabeza, cima, cume, cumio, pico.
    2. Rocha en forma de punta, somerxida moi próxima á superficie cando a marea está alta e que sobresae da auga cando a marea está baixa.

      Confrontacións: farallón.
  3. s m

    Flor do millo.

    Sinónimos: cenceno, pendón.