cima

cima

(< lat cyma < gr κῦμα ‘onda, brote’)

  1. s f
    1. Parte máis elevada dunha cousa.

      Ex: A cegoña construíu o niño na cima dunha torre.

      Sinónimos: bico, cimeira, cume, cumio, cúspide.
    2. Punto máis elevado dunha montaña ou dun outeiro.

      Ex: Descansamos ó chegar á cima do outeiro.

      Sinónimos: bicarelo, bico, petouto, pico, picota, picoto, picouto.
    3. Parte ou grao de maior elevación dalgunha cousa. Ex: O xerente é a cima da xerarquía da empresa.

      Ex: O xerente é a cima da xerarquía da empresa.

    4. Situación de maior importancia ou grandeza dalgunha cousa que se indica. Ex: O tenor acadou neste teatro a cima da súa carreira.

      Ex: O tenor acadou neste teatro a cima da súa carreira.

  2. [ARQUIT]
    1. s f

      Moldura de dobre curva.

    2. cima recta

      Cima que ten a parte superior cóncava e a inferior convexa.

      Sinónimos: gola.
    3. cima reversa

      Cima que ten a parte superior convexa e a inferior cóncava.

      Sinónimos: talón.
  3. [BOT]
    1. s f

      Inflorescencia definida na que o eixe principal ten crecemento limitado e remata nunha flor, igual cós eixes secundarios sucesivos.

    2. cima bípara

      dicasio.

    3. cima escorpioide

      Monocasio no que a ramificación ten lugar sempre polo mesmo lado do eixe.

    4. cima helicoide

      Monocasio no que as pólas sucesivas arrancan alternativamente dun lado e do outro.

    5. cima multípara

      pleocasio.

    6. cima unípara

      monocasio.

  4. s m [HERÁLD]

    Parte superior do pavillón real, dun monte ou da punta dun roquete.

Frases feitas

  • Cima de loc prep Enriba de. Ex: Collín a roupa que había cima da túa cama.

  • Cima do leite. Tona que se forma na superficie do leite.