Cabeza

Cabeza
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que sobresaían pola súa cabeza, probablemente polo seu gran tamaño. Procede da forma do latín vulgar capitia ‘cabeza’. Documéntase no s XII: “Martinus Cabeza” (doc ano 1184 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 400).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe castelá moi estendida polas provincias de León, Asturias e Santander, e bastante frecuente en Galicia. As súas armas levan escudo acuartelado: o primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro; o segundo e terceiro cuartel, en campo de goles.