Cabana

Cabana
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nun topónimo. Procede do latín tardío capanna e fai referencia á existencia, actual ou no pasado, dunha casiña rústica de emprego agrícola ou pastoril. Documéntase no s XIII: “Petrus Cabana” (doc ano 1234 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 533). Tamén aparecen como apelidos actuais a forma en plural Cabanas e mais os diminutivos Cabanela, Cabanelas e (forma castelanizada) Cabanillas.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que, segundo unha antiga tradición, procede de Irlanda e asentouse en Galicia durante a loita dos celtas cos normandos; aínda que tamén puido ter unha orixe alemá e pasar logo a terras irlandesas co Emperador Carlos I. As súas armas levan: en campo de ouro, unha banda de goles, arrimada de dous cans ao natural. Outros heraldistas dan o seguinte brasón: en campo de azul, dúas cabanas de prata, aclaradas de sable e postas en pao. Os Cabanas empregan: en campo de prata, dúas cabanas de goles, postas en pao. E outros da mesma liñaxe levan, en campo de ouro, un león rampante de goles, linguado de sable.