Cabanas, Santa María de

Cabanas, Santa María de

Igrexa situada no Vicedo. En 1392 Fernán Pérez de Andrade obtivo a licenza de construción desta igrexa e a de San Pantaión de Cabanas aínda que o cabido de Mondoñedo se reservou os dereitos que correspondían a cada unha delas. De estilo oxival, construíuse a finais do s XIV e consta dunha nave con cuberta de madeira a dúas augas. A portada principal está formada por unha dobre arquivolta que enmarca un tímpano que acolle o escudo dos Andrade sostido por dous paxes. Conserva unha torre do s XVIII acaroada á fachada. O corpo que contén as campás é de planta cadrada coas esquinas en chafrán con catro vans circulares e o corpo superior é poligonal con catro vans. Diante da fachada hai un pórtico pechado que continúa pola beira dereita. No exterior do muro N existe outro pórtico que está sostido por columnas.