Cabanes
Cabanes
Municipio da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana, na comarca da Plana Alta, (2.364 h [1996]). A agricultura de tipo mediterráneo e a gandería son as bases da economía do municipio: predominan os cultivos de secaño, aínda que tamén é importante a produción de laranxas e hortalizas; a gandería baséase nos armentíos ovino, caprino e porcino. Posúe canteiras de chumbo e de mármore negro. Identificada coa Ildum romana, entre o seu patrimonio monumental salienta o arco de Cabanes, na vía Augusta.