cabarco

cabarco
  1. adx

    Pertencente ou relativo aos cabarcos.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo dos cabarcos.

  3. s [ETN/HIST]

    Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, establecido no convento xurídico lucense que, segundo Plinio, se situarían despois dos albións e antes os egovarros. Hoxe en día sitúase este pobo na rexión de Ribadeo, entre os ríos Eo e Navia. Debido a oscilacións e dúbidas nas fontes clásicas, este pobo tamén se coñece cos nomes de cabarci, cibarcos ou cibarci.