Cabarcos
Cabarcos
Antigo concello da Mariña Oriental, establecido nos períodos 1813-1814, 1821-1823 e 1835-1845. Ata 1840 abranguía as parroquias que integraran no Antigo Réxime a xurisdición homónima (San Xusto de Cabarcos, San Xulián de Cabarcos e Vilamartín Pequeno). En 1843 absorbeu o concello de Reinante, que se correspondía coa antiga xurisdición de Barreiros. O novo concello resultante cambiou de nome e de capital en 1845, establecéndose dende entón como concello de Barreiros.