2 cabazo
(
-
s
m
[ETN]
Construción con base nunha cámara circular de varas de castiñeiro ou salgueiro entretecidas, apoiada nuns pés de pedra ou de madeira, con tornarratos de lousas ou de granito e cuberta por un teito cónico de ramas de xesta ou centeo. Antano foi unha construción moi estendida por toda a xeografía galega, na actualidade só se emprega para gardar a colleita que non cabe noutros tipos de hórreo. A evolución desta planta deu lugar tamén á aparición do cabaceiro, de planta circular ou rectangular. OBS: Tamén se emprega nalgunhas zonas de Galicia como denominación xeral de hórreo.
-
s
m
[ETN]
Medida empregada nos líquidos, especialmente no viño, equivalente a dezaseis litros.
Ex: Vendeu dous cabazos de viño.
Sinónimos: arroba, cántara. -
s
m
[ETN]
Recipiente onde se leva ou garda a pedra de afiar.
Ex: Meteu a padra de afiar no cabazo para non perdela.
Frases feitas
-
Andar de cacho en cabazo/(en) para cabazo. Non estar quieto.