cabaza
cabaza
(< quimbundo ka’basa)
-
s
f
[BOT]
Froito en pepónide da cabaceira, de forma e cor moi distinta segundo a variedade. Ten un alto contido en auga, é rica en potasio e vitaminas A, B e C, e constitúe un alimento pouco enerxético. Ten sabor doce e prepárase sobre todo reenchida, en purés, sopas e especialidades reposteiras como o cabelo de anxo. En Galicia adoitábase empregala en moitas zonas na preparación de caldos.
Confrontacións: botefa, caiota, calacú. -
s
f
[PLANTA]
2 cabaceira.
-
s
f
[ETN]
asilla que se fai coa cabaza seca e baleirada para conter líquidos, especialmente a auga e o viño. A súa forma ten unha cintura na parte superior onde é máis estreita, para a partir de aí ir ancheando ata o fondo.
Ex: Os peregrinos traen a bebida nunha cabaza.
Frases feitas
-
Darlle un bico á cabaza. Beber un grolo ou varios.