cabaza

cabaza

(< quimbundo ka’basa)

  1. s f [BOT]

    Froito en pepónide da cabaceira, de forma e cor moi distinta segundo a variedade. Ten un alto contido en auga, é rica en potasio e vitaminas A, B e C, e constitúe un alimento pouco enerxético. Ten sabor doce e prepárase sobre todo reenchida, en purés, sopas e especialidades reposteiras como o cabelo de anxo. En Galicia adoitábase empregala en moitas zonas na preparación de caldos.

    Confrontacións: botefa, caiota, calacú.
  2. s f [PLANTA]

    2 cabaceira.

  3. s f [ETN]

    asilla que se fai coa cabaza seca e baleirada para conter líquidos, especialmente a auga e o viño. A súa forma ten unha cintura na parte superior onde é máis estreita, para a partir de aí ir ancheando ata o fondo.

    Ex: Os peregrinos traen a bebida nunha cabaza.

Frases feitas

  • Darlle un bico á cabaza. Beber un grolo ou varios.

Palabras veciñas

Cabasilas, Nicolao | cabaz | Cabaz | cabaza | cabazal | 1 cabazo | 2 cabazo