Cabelo

Cabelo
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que leva como armas máis frecuentes, en campo de azul, dúas bandas de ouro, acompañadas de tres estrelas do mesmo metal, nos baleiros, alternando coas faixas; bordo de goles con oito aspas de ouro. Algúns traen, en campo de ouro, unha banda ondeada branca, e enriba un león rampante vermello. Os que pasaron a Extremadura ostentan, unha torre de prata, e bordo de ouro, con oito estrelas de azul. Outra variante trae, en campo de goles, dous bordóns de prata, e orla de azul con seis cunchas de ouro.