Cabezas de San Juan, Las

Cabezas de San Juan, Las

Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, na comarca de Las Marismas, drenado polo Guadalquivir (15.509 h [1996]). Ten grande importancia a agricultura, especialmente o cultivo do arroz que o converte nun dos principais núcleos produtores deste cereal en España. Hai tamén canteiras e industrias alimentarias. Os turdetanos e os romanos ocuparon o seu territorio na Antigüidade, tal e como testemuñan diversos achados arqueolóxicos. Entre 1250 e 1255 foi conquistada aos árabes polo Rei Fernando III, quen cedeu a vila á orde militar de San Xoán de Xerusalén. O 1 de xaneiro de 1820 produciuse na vila o Pronunciamento de Riego, que contou co apoio dos veciños, polo que as Cortes españolas lle concederon o título de cidade en 1822.