Cabezón
Cabezón
Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado ao NL de Valladolid (1.692 h [1996]) e drenado polo Pisuerga. A súa principal actividade económica é a agricultura (cereais, viña e remolacha). Na industria destaca a fabricación de colas e xelatina.