Cabo Rey, Luis
Médico, cirurxián e micólogo. Licenciado en 1945 pola Universidade de Santiago de Compostela, é especialista en medicina e cirurxía pulmonar. Especializouse no tratamento das doenzas de pulmón e de corazón, e pertence á American Trudeau Society, á Academia Médico-Quirúrgica de Santiago de Compostela, á Sociedade de Cirurxía de Galicia e á Sociedade de Cardioloxía de Galicia. Foi fundador da Asociación Internacional para el Estudio de los Bronquios, da Sociedad Española de Neurología y Cirugía Torácica e do Instituto Policlínico La Rosaleda de Santiago de Compostela. Entre as súas publicacións destaca o libro monográfico Tratamiento directo del sistema caverna-bronquio de drenaje (1966). No eido da micoloxía, foi discípulo e compañeiro de Luís Freire García, e destaca como especialista nos estudios de fungos mixomicetos. Recibiu en 1988 o Premio Galicia de Micoloxía e deu a coñecer esta materia co libro Diversidad de Myxomycetes en bosques Atlánticos del Noroeste de España (1996). Foi fundador do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire e participa nas campañas micolóxicas de Flora Ibérica e no mapa micolóxico da Península Ibérica.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Padrón